900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Récord de venta de chalés en Galicia nos últimos 12 meses dende 2009, con 6.280 vivendas

As provincias de Pontevedra e A Coruña aglutinan o 76,8% das vendas, con 2.475 e 2.350 vivendas, mentres que Lugo, con 980, e Ourense, con 475, representan a menor parte das transaccións segundo datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (FEGEIN).

Noticia Galicia

A vivenda sufriu un gran cambio a consecuencia da Covid-19, en concreto, na elección de espazos con maior zonas ao aire libre. Neste sentido, as vivendas unifamiliares son as máis buscadas no mercado galego. De feito, segundo recolle nun informe a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (FEGEIN), o número de chalés vendidos en Galicia entre xuño de 2022 e xuño de 2023, un total de 6.280, é o maior dende 2009.

As provincias de Pontevedra e A Coruña aglutinan o 76,8% das vendas, con 2.475 e 2.350 vivendas, mentres que Lugo, con 980, e Ourense, con 475, representan a menor parte das transaccións. O ratio de preferencia dos compradores oscila entre os 180.000 e os 300.000 euros, mentres que o prezo medio do metro cadrado ascende ata os 2.030 euros. 

Pontevedra lidera a oferta de vivendas unifamiliares

Sedundo recollen dende FEGEIN, o perfil da persoa compradora deste tipo de vivendas é o dunha parella maior de 45 anos, que traballa no sector público, profesionais liberais e executivos/as de empresas. As parcelas adoitan ter un tamaño medio de entre 500 e 1.000 metros cadrados. O mercado inmobiliario galego, de acordo cos datos de FEGEIN, dispón de 11.350 casas unifamiliares á venda. A provincia que lidera a oferta é Pontevedra, con 4.200 chalés, seguida de A Coruña, con 3.850, Ourense, con 3.150 e Lugo, con 1.050. Só o 16,3% (1.850) do total de vivendas unifamiliares á venda conta con piscina. 

O 78% das vivendas rústicas necesitan rehabilitación

Un dato interesante que recolle FEGEIN é que das 5.050 vivendas unifamiliares rústicas á venda, o 78% precisa de rehabilitación ou reforma. De aí que dende a Federación de empresas inmobiliarias poñen o énfase na necesidade de acelerar a tramitación das axudas para a rehabilitación así como de planificación e as licenzas de obra nova, rehabilitación ou reformas. 

 

 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ