O parque de vivendas medra en Galicia con 218 novas edificacións en abril de 2023
Os últimos datos sobre construción de edificios publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) reflicte que se concederon 186 licenzas para novas vivendas, o que se traduce en case un 17% de baixada en comparación con abril de 2022.
Instituto Galego de Estatístico (IGE); Instituto Nacional de Estadística (INE)

Abril deixa un saldo positivo na variación neta do parque de vivendas en Galicia, con 218 novas edificacións. Así o reflicten os últimos datos sobre construción de edificios que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE).
No mes de abril concedéronse licenzas de construción para 148 edificacións de nova planta, 147 obras de rehabilitación e 22 obras de demolición de edificios, o que supón un 16% menos que un ano antes. Estes permisos permitirán construír 186 novas vivendas, 57 construcións reformadas e 25 demolicións, o que se traduce en case un 17% de baixada en comparación con abril de 2022.
Con respecto ao mesmo mes de abril de 2022, o número de edificios a construír de nova planta diminuíu en 29 edificacións: 148 en abril de 2023 fronte a 177 en abril de 2022. Ademais, o número de vivendas a construír destas características baixou en 37 unidades en relación ao rexistrado hai un ano. O número de edificios a rehabilitar é maior que o rexistrado doce meses antes: 147 en abril de 2023 fronte aos 124 de abril de 2022.
Un total de 148 licencias para las construcción de nuevos edificios fueron concedidas en Galicia en el mes de abril,según los datos que publica el Instituto Galego de Estatística (IGE) este lunes.
Hipotecas: redúcense un 36% respecto a maio de 2022
Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE), o número de hipotecas dirixidas ás vivendas chegou en maio de 2023 ás 946 hipotecas en Galicia. Isto supuxo unha variación respecto ao mesmo periodo do ano pasado do -35,95% e unha baixada do -0,59% en relación ao mes anterior.
O importe das hipotecas para o mes de maio de 2023 tivo unha variación de -7,64% con respecto a abril. Desta forma, a cifra do importe das hipotecas en Galicia alcanzou os 161,26 millóns de euros. A variación interanual é dun -29,05%. O capital prestado tivo unha variación interanual en maio de 2023 do -38,99% alcanzando os 105,88 millóns de euros segundo o INE.