900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A compravenda de vivendas en Galicia descende un 1,7% en marzo con respecto a 2023

Interrúmpese a tendencia crecente na comunidade autónoma dende que empezou o ano, con aumentos interanuais do 22,2% e o 13,8% en xaneiro e febreiro de 2024, segundo un informe do Centro de Información Estadística del Notariado.

Noticia Galicia

A compravenda de vivendas en Galicia descendeu un 1,7% en marzo deste ano con respecto ao anterior, "unha porcentaxe moi afastada do descenso do 13,7% rexistrado no conxunto do Estado", segundo informa o Centro de Información Estadística del Notariado (CIEN) nun informe que recolle Europa Press.

Desta forma, fréase a tendencia crecente na comunidade autónoma dende que comezou 2024, "con aumentos interanuais do 22,2% e o 13,8% en xaneiro e febreiro pasados", sinala o informe.

O precio das vivendas unifamiliares abaratouse un 8,6%

O número de compravendas en Galicia situouse en marzo nas 2.294 unidades, das cales, 1.676 eran compravendas de pisos -un 0,2% máis que no mesmo mes de 2023- e 619, casas unifamiliares, un 6,4% menos.

O prezo medio do metro cadrado situouse en Galicia nos 1.104 euros. O custo dos pisos aumentou un 13% ata os 1.441 euros/metro cadrado de promedio e situouse nos 660 euros/metro cadrado no caso das vivendas unifamiliares, abaratándose nun 8,6%.

Os préstamos hipotecarios medran un 14,2%

Os préstamos hipotecarios para a adquisición de vivenda incrementáronse un 14,2% interanual en Galicia fronte a unha caída do 4,5% no conxunto do Estado. En marzo concedéronse 1.327 préstamos hipotecarios e a contía media chegou a 117.841 euros, cun descenso interanual do 3,6%, idéntico ao estatal. 

O prezo do metro cadrado subiu un 7,2% en marzo na comunidade galega, por enriba do aumento medio do 4,2% acadado polo conxunto das autonomías, segundo indica o informe do Centro de Información Estadística del Notariado (CIEN). 

 

Podes consultar o informe completo na web do Centro de Información Estadística del Notariado.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ