A compravenda de vivendas en Galicia caeu en maio case un 11% respecto ao mesmo mes do ano anterior
A baixada na comunidade galega é catro puntos superior á 6,4% de diminución na media española.
A compravenda de vivendas en Galicia caeu en maio case un 11% respecto ao mesmo mes do ano anterior. Así o indican os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) no seu informe sobre Estadística de Transmisións de Dereitos da Propiedade (ETDP) correspondentes a maio de 2023. O 10,7% de caída, cun total de 1.677 transaccións, é catro puntos máis acusado que a media do país e supón medio ano ininterrumpido de baixada das operacións.
O retroceso de maio en Galicia é catro puntos superior ao 6,4% da baixada na media española e supón a sexta maior diminución entre comunidades. Na comunidade, esta tendencia negativa comezou en decembro do ano pasado mentres que no resto do Estado, iniciouse en febreiro de 2023. A nivel nacional, La Rioja lidera o desplome, cunha reducción do 37%, mentres que Cantabria é a comunidade cos mellores datos, cun repunte do 21,1%.
A taxa de compravenda de vivendas en Galicia é de 75 por cada 100.000 habitantes, polo que continúa como a máis baixa do país. Do total de maio, a compravenda foi de 1.598 vivendas libras e 46 protexidas. Ademais, foron 1.304 usadas e 340 novas.
Aumenta un 1% o total de fincas transmitidas
A diferencia dos datos nacionais, o total de fincas transmitdas chegou ás 9.835 en Galicia no mes de maio de 2023, un 1% máis que o quinto mes de 2022. Estas cifras contrastan coa baixada do 5,4% na media española. As 9.835 fincas divídense entre 6.379 urbanas (3.426 vivendas, 279 solares e 2.674 doutro tipo) e 3.456 rústicas.
As 3.426 vivendas transmitíronse a través de 1.644 compravendas, 870 herencias, 24 donacións, tres permutas e 885 doutro tipo.
Galicia lidera o descenso de hipotecas
Cunha baixada do 35%, Galicia lidera o descenso de hipotecas en maio, unha tendencia negativa que se produce dende febreiro deste ano. En maio, constituíronse 43.018 operacións fronte ás 55.513 do mesmo mes do ano anterior, o cal supón un descenso do 22,5% cunha diferencia negativa en torno a 12.500 operacións.
A nivel das hipotecas constituídas respecto a maio do ano pasado, aumentaron máis na Cidae Autónoma de Melilla (230%), Cantabria (13,9 %) e Asturias (12,8 %), mentres que descenderon sobre todo en Galicia (-34,9 %), País Vasco (-29,6 %) e La Rioja (-25,1 %).